The Rugby Championship

Modelo:Competición deportivaThe Rugby Championship
Editar o valor em Wikidata
Tipointernational rugby union competition (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorSANZAR Editar o valor em Wikidata
Número de participantes4 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísSuráfrica, Arxentina, Australia e Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Vixencia1996 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadaagostooutubro Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialsuper.rugby… Editar o valor em Wikidata

O The Rugby Championship (en galego O Campionato de Rugby) é un torneo internacional de rugby que se disputa cada ano entre as catro seleccións que compoñen o SANZAAR, é dicir, Arxentina, Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Este torneo é continuador do Tri Nations que disputaron a seleccións de Nova Zelandia, Suráfrica e Australia entre 1996 e 2011. No ano 2012 incorporouse Arxentina. A edición 2020 recuperou a antiga denominación Tri Nations debido á renuncia obrigada dun dos catro equipos, Suráfrica, por mor da pandemia de COVID-19. A edición 2021 volveu a contar cos seus catro participantes.

O torneo lévase a cabo durante os meses do inverno austral, polo xeral entre xullo e setembro, malia que pode adiantarse ou retrasarse un mes cando no mesmo ano se disputan eventos cuadrienais da máxima categoría como Copas do Mundo ou Xiras dos Lions.

Trátase dun torneo de gran prestixio, con menos historia que o Torneo das Seis Nacións pero con seleccións que son consideradas as máis potentes do planeta. Das nove edicións da Copa do Mundo de Rugby disputadas entre 1987 e 2019 Nova Zelandia gañou tres, Suráfrica gañou outras tres e Australia gañou dúas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy